A terceira edición da Festa da Xuventude de Aguiño celébrase este 13 de abril

03 Abril 2024

Os edís ribeirenses Francisco Suárez-Puerta, Fernando Abraldes e Antía Alberte presentaron a nova edición, a terceira, da Festa da Xuventude de Aguiño. Fixérono xunto a Raúl Santos Sampedro e Víctor Reiriz, que lembraron a que a cita será o vindeiro 13 de abril.

Segundo explicou o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o Concello colabora coa Asociación de Aguiño, promotora da celebración: “A nosa intención é que tódalas parroquias que queiran levar a cabo calquera tipo de evento poidan desenvolvelo con normalidade; neste caso temos tódolos permisos de Portos de Galicia para poder celebrar este evento en Aguiño”, explicou. 

O evento comezará ás 5 da tarde cunha festa infantil con inchábeis e ás 11 da noite celebrarase unha sesión cos DJs Tito Maverick e Mateo Abelleira, segundo informou Raúl Santos Sampedro, presidente da Comisión de Aguiño. “Esta celebración é moi importante xa que nos permite recadar fondos para as Festas do Carmen de Aguiño”, concluíu o concelleiro Fernando Abraldes. 

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.