Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Local de Ribeira, no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes na vía pública, procederon á detención de dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.
No operativo establecido para o efecto, os axentes sorprenderon in fraganti aos detidos, quen ían a bordo dun vehículo mentres estaban a realizar unha venda de droga a un consumidor a cambio de diñeiro. Cando foron abordados polos policías, déronse á fuga, sendo inmediatamente perseguidos polos axentes, que lograron interceptalos pouco despois. Cando procederon ao seu cacheo, fóronlles localizadas entre os seus efectos, 81 bolsiñas termoseladas de cocaína, 39 bolsiñas termoseladas de heroína, preparadas para a súa venda, así como diñeiro en efectivo en billetes de diverso valor, polo que se procedeu á súa detención.
Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número Tres de Ribeira en funcións de garda.




