A Pobra acolle este sábado 13 de abril dous actos de memoria histórica (con actividades tamén en Lousame)

10 Abril 2024

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB) puxo en marcha unha programación para conmemorar o Día da República cunha serie de actos que buscan dignificar a memoria de tódalas persoas que loitaron pola defensa dos principios democráticos. Trátase dunha serie de actividades que se enmarcan na liña de traballo habitual da entidade, fundada no ano 2012, segundo explicaron o seu presidente, Carlos Cimadevila, e o secretario, Néstor Sieira.

A Pobra do Caramiñal e Lousame son os dous municipios nos cales desenvolveranse estas accións de memoria histórica en que colaboran ámbalas dúas administracións locais.

No caso concreto da Pobra do Caramiñal, a concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, anunciou que no sábado 13 haberá dúas citas. A primeira será a inauguración dun panel informativo no campo de concentración do Pozo, na Lomba, ás 19.00 horas, para divulgar entre a veciñanza a memoria do lugar. Procederase tamén coa colocación dun arranxo floral e coa colaboración musical de Bernal Muíños. Deseguido, ás 20.00 horas, o Auditorio do Museo Valle-Inclán acollerá a presentación do caderno Campos de concentración. Muros, A Pobra e Rianxo, ademais do nomeamento de Xesús Redondo Abuín como Republicano de Honra 2024. Contarase coas intervencións do alcalde, José Carlos Vidal; da edil, Patricia Lojo; do escritor Xesús Alonso Montero; do historiador Xesús Santos; e da ilustradora Lola Pardo. O grupo rianxeiro Barahúnda encargarase de amenizar musicalmente esta parte da tarde.

Lojo destacou o compromiso do Concello no referido á memoria histórica, motivo polo cal se apostou por manter no organigrama deste mandato unha concellaría dedicada exclusivamente a esta materia, con relación á cal afirmou que “seguirase a traballar arreo, pois queda moito por avanzar.”

Xa no propio domingo 14 celebraranse tamén os actos en Lousame, cunha ofrenda floral no Confurco, ás 12.00 horas, e deseguido un xantar de confraternidade no restaurante Bahía, en Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.