A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrará a súa VII edición en Ribeira

16 Abril 2024

Un dos festivais máis relevantes e interesantes do panorama audiovisual galego, a Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo que se viña celebrando até o de agora en Outes con gran éxito de público, participación e repercusión, vai cambiar o seu centro de actividade un algo máis ao sur, concretamente até Ribeira, onde terá lugar, este verán, a súa sétima edición.

Así o deron a coñecer Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, Fernando Abraldes, concelleiro do Mar, Francisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde, Anxo Núñez Fernández, tenente de alcalde do concello de Outes e Marcos Gallego, presidente da Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo (MDFDM).

Segundo lembraron, a Mostra, organizada pola citada asociación e patrocinada pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, conta cun histórico de 6 edicións celebradas. Foi inaugurada no ano 2018 no Concello de Carnota, onde se celebraron as 2 primeiras edicións e se ratificou a potencialidade do formato proposto.

En 2020, MDFDM deu o chimpo até Outes, consolidando o formato e ampliando a súa duración ata as 5 xornadas de duración. Durante a súa etapa en Outes, medrou cualitativa e cuantitativamente en canto a actividades desenvolvidas, público asistente, presencia en medios e vinculación e implicación no tecido local con axentes de interese no territorio que permitiu asentar a marca.

Co acordo presentado este martes 16 de abril, que oficializa a transición da Mostra ao concello de Ribeira para celebrar a VII edición, a organización traslada o especial interese que o acordo representa para o evento por dúas cuestións fundamentais: a dimensión poboacional de Ribeira, e a destacábel relación, actual e histórica, deste concello coa pesca e o medio ambiente mariño. “A transición permite conservar a identidade territorial na costa da provincia da Coruña, tendendo deste xeito unha ponte cultural entre a ría de Arousa e a ría de Muros Noia”, sinalou a organización.

Asemade, dende o Consistorio resaltaron o interese que para o Concello de Ribeira significa “poder contar cun evento cultural de calidade contrastada e asentado no panorama audiovisual galego”.A A mostra, explicou o rexedor, “permitirá construír sinerxías moi positivas entre a arte, a cultura e o sector pesqueiro do noso concello”. O alcalde engadiu que contar con este festival vai supor “unha aposta estratéxica no eido cultural ao tratarse dun festival audiovisual que permite atraer audiencias e incidir na formación de novos públicos”. Pérez Barral tamén puxo o valor o feito de contar cun novo auditorio para dar plena visibilidade ás contribucións do certame, xa que estamos ante “un contedor cultural de gran formato que semella o espazo apropiado para a súa celebración”.

A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e co patrocinio da Deputación da Coruña, do Concello de Outes e o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Así mesmo, MDFDM forma parte da Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta integrada na Federación Estatal de Coordinadoras de Festivales de Cine y Contenidos Audiovisuales Pantalla, é asinante do Pacto pola Cultura Sustentable, membro da plataforma Europea EU4Ocean e colaborador da FAO no Ano Internacional da Pesca Artesanal e da Acuicultura 2022.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...