A festa do 27 en Araño virá con teatro, xogos populares, obradoiros de cociña, cine na rúa e unha andaina

17 Abril 2024

O vindeiro 27 de abril a parroquia do Araño (Rianxo) volve estar de festa grazas ao incansábel labor da Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e a Asociación A Ermida de Xoán e grazas tamén á súa determinación de “crear actividades culturais e de lecer en todos os recunchos posíbeis da parroquia”, “recoñecendo a importancia dos lugares pequenos e facendo á veciñanza consciente deles”.

Estamos a falar do festival cultural Namórate da aldea, que se celebra este 27 de abril, finalmente, logo de que a organización do evento se vise obrigada a adialo por mor da chuvia o pasado 6 de abril. A cita conta coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

As actividades comezarán ás 17.00 horas cunha andaina dende A Ermida (Buía). Serán 2,5 quilómetros de ruta de dificultade media.

Ás 16.30 horas haberá xogos populares para a rapazada (chave, petanca, bolos) e unha xincana entre aldeas.

Ás 17.30 horas haberá unha sesión de teatro infantil co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.

Tamén está previsto un obradoiro de cociña para a elaboración de brochetas con froitas e chocolate. Haberá merenda e chocolatada.

Ás 19.00 haberá unha proxección (Cine na aldea) para todos os públicos, e repartiranse flocos de millo (palomitas).

Romaría do Bandullo

A maiores, o vindeiro domingo 28 de maio celebrarase no Araño, a III edición da Romaría do Bandullo, desta volta adicada ao polbo e ao churrasco, da man de Pulpería Mera. Como novidade, este ano non será preciso facer reserva previa. Antes do xantar, contarase cunha sesión vermú amenizada polo grupo The Cuncas, o cal voltará actuar ás 17.30 horas.

Outras actividades das que se poderá desfrutar son os xa clásicos, xogos populares, bingo e karaoke. “Todo isto no incomparábel marco da carballeira onde tamén estará situado un mercado de artesanía”, informou a organización.

Outros artigos

Xoves regresa o sol e sobe a temperatura

Galicia irá quedando durante o xoves baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...