A Feira do Libro de Rianxo celebrarase entre o 24 e o 27 de xullo

07 Abril 2024

O pasado venres presentouse o calendario das Feiras do Libro de 2024, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia. Grazas a el, un total de 13 municipios, entre os que se conta novamente o de Rianxo, encherán as súas rúas de libros desde finais de abril ata finais de agosto. Segundo fixo saber o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a axenda chega este ano con importantes novidades, entre as que destaca o regreso da Feira do Libro de Vigo ao centro, localizándose na praza de Compostela. Tamén se reforzarán todas as citas con maior variedade de eventos, contando con mesas redondas, presentacións, actividades infantís e debates, entre outras actividades. 

Baixo o título Atopa a túa Historia, a cita inaugural será en Ferrol, do 19 ao 21 de abril. A Feira do Libro de Santiago de Compostela celebrarase do 27 de abril ao 5 de maio; no Porriño será do 9 ao 12 de maio, e en Lugo do 13 ao 17 dese mesmo mes. Xa en xuño, Ourense acollerá a súa feira do día 5 ao día 8, mentres que en Redondela será do día 13 ao día 16. Vigo abrirá o 1 de xullo, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas do 11 ao 14 de xullo e en Rianxo do día 24 ao día 27. Finalmente, en agosto as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña do día 1 ao día 10, a Viveiro do día 12 ao día 15, a Foz do día 16 ao día 19 e a Monforte de Lemos do día 21 ao 24 de agosto.

Así se expuxo durante a presentación, onde Lorenzo aproveitou para enxalzar o cartel deste ano, elaborado pola cooperativa Cestola. “É un cartel vivo e evocador que busca dar vida ao concepto que acompañará este ano as feiras: un espazo de aventura e convivencia entre autores e lectores, no que atopar a historia perfecta para cada un de nós”, dixo. Neste senso, remarcou o papel que xogan as librarías na nosa Comunidade: “Son espazos vivos, contribúen a facer crecer os nosos barrios e aportan un plus de profesionalización ao sector, facendo crecer o tecido literario galego”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.