A Escola Náutico-deportiva de Boiro leva ás escolas o deporte da vela a través do programa A Toda Vela Boiro, 20 de abril de 2024

20 Abril 2024


A Escola Náutico-deportiva de Boiro leva ás escola o deporte da vela a través do programa A Toda Vela que ten como obxectivo fomentar este deporte e crear un grupo de futuros regatistas. Na presentación, que tico lugar esta mañá no Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o presidente da Escola de vela, Ramón Ares, e a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo.
No acto estiveron tamén o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Náutico, Manuel Fajardo, así como outros membros da directiva, mestres da escola e alumnos e alumnas para dar a coñecer o simulador adquirido e gracias ao que medio milleiro de alumnos e mestres puideron probar a vela.
O proxecto ten como finalidade levar o simulador aos centros de ensino para que os rapaces e rapazas poidan experimentar as sensacións cas que se atoparían no mar e logo poder saír a navegar. “Esta é xa a segunda xornada na que os rapaces e rapaza saíron ao mar co obxectivo de que se incorporen alumnos e que a vela se practique durante todo o ano e chegar a ter un equipo
de vela que represente a Boiro”, afirmou o presidente da escola, Ramón Ares.
O programa A Toda Vela forma parte dun proxecto máis ambicioso con tres partes que contan cun compoñente social moi importante nas que poder involucrar a colectivos vulnerables para darlles alternativas de ocio como son as persoas con diversidade funcional e outras con dificultades a consecuencia de situacións dramáticas como é o caso da violencia de xénero.
Por parte da entidade agradeceron o apoio prestado polo Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, así como pola administración local e por Jealsa. “Preto de 2.000 nenos e nenas en Boiro fan deporte e é un orgullo ver a cantidade de deporte que temos e que tanto pais e nais como directivas de clubes aposten polas escolas deportivas para seguir fomentando o deporte”,
afirmou a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo.
Boiro conta con dous portos deportivos e con modalidades deportivas como o remo ou o piragüismo que colleitan éxitos a nivel internacional.
“Gracias a este programa vaise fomentar o deporte da vela en Boiro, que conta cun entorno privilexiado no que poder practicala os 365 días do ano e que, a través das escolas deportivas municipais, fomenta o deporte, un estilo de vida saudable e unha disciplina e constancia que aplicarán no seu día a dia”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.