A Deputación presenta as novas subvencións provinciais ante o sector do mar de Rianxo

04 Abril 2024

A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, está a visitar as confrarías de pescadores/as e mariscadores/as da provincia para ter información de primeira man acerca da situación e as problemáticas que lles afectan. Esta semana a deputada provincial fixo parada en Rianxo e mantivo unha xuntanza co alcalde Julián Bustelo, co patrón maior da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme”, Miguel Ángel Iglesias, así como con membros da Corporación municipal, coa finalidade de recoller as demandas do sector e analizar a convocatoria de subvencións que o ente provincial ten aberta ata o 19 de abril.

Segundo fixo saber a deputada a estas subvencións provinciais (que anunciamos os días pasados dende este medio) pódense acoller confrarías e agrupacións marisqueiras e están destinadas a financiar a actividade dos pósitos. Contan cunha liña de 500.000 euros á que este ano se une outra de 150.000 máis para o desenvolvemento de festas de exaltación dos produtos pesqueiros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...