A comunidade da Creba recibe formación en seguridade viaria

17 Abril 2024

A Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva e integradora que traballa nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia, vén de realizar unha nova actividade encaixada no Programa de Educación e Saúde Comunitaria na que participaron os centros da Creba. Desta volta, a iniciativa buscou mellorar os coñecementos das persoas usuarias en materia de educación e seguridade viarias, tanto como peóns como en condutores.

A materia tratada espertou un gran interese entre as persoas desta entidade, e entre as cales se atopan varias que teñen permiso de condución de distintos vehículos.

O oficial da Policía Local de Ribeira, José Luis Martínez Chouza, foi o
encargado de impartir esta sesión docente para a que se utilizou a Casa
da Cultura de Carreira, que encaixa coa liña de traballo que está a
levar o corpo municipal, educando e divulgando entre a comunidade
distintos aspectos do seu labor, conseguindo así unha maior formación e
coñecemento entre os distintos colectivos e centros educativos do municipio.

Dende A Creba valoran a colaboración do corpo policial do Concello e xa
se comprometeron a realizar accións similares no futuro e seguir abrindo
liñas de traballo conxuntas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.