A Campaña do Día da Nai en Ribeira repartirá 1.000 euros en compras, 20 entradas para unha clase maxistral estilismo e 4 cestas de produtos

18 Abril 2024

A sede da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu este xoves 18 a presentación da nova Campaña do Día da Nai da patronal, unha iniciativa destinada novamente a dinamizar as compras locais e a visualizar, recoñecer e reivindicar o importante (e necesario) compromiso da cidadanía cos negocios de proximidade. Haberá tres premios: un vale de 1.000 euros, 20 entradas para unha clase maxistral de estilismo e catro cestas de compra valoradas en 50 euros cada unha.

Na cita participaron Francisco Martínez Gude, presidente da asociación, Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, e Vicente Mariño de Bricio, tenente de alcalde. Segundo confirmaron, na nova edición da campaña, que conta coa colaboración do Concello, contarase coa participación de máis de 50 establecementos. A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Tamén explicaron que a promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 19 de abril ao 5 de maio de 2024. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento socio participante e subindo o tícket a empresariosriveira.com. Os sorteos realizaranse o luns 6 de maio ás 13.00 horas no local da Asociación de Empresarios.

Os premios destas campaña serán:

-Compras por valor de 1.000€ menos a retención dos impostos obrigatorios. Este premio terá que ser gastado un día en concreto a determinar entre a Asociación e a/o premiada/o nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima o 31 de maio de 2024. O importe deste premio consumirase nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración (a persoa premiada pode gastar 100€ en cada un dos establecementos elixidos para gastar o vale).

-20 Entradas para unha sesión de masterclass de estilismo.

-Catro cestas da compra valoradas en 50€ cada unha.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.