A axenda cultural de Rianxo deste comezo de abril vén con teatro, presentacións literarias, maxia solidaria e un obradoiro artesán

02 Abril 2024

A Área de Cultura de Rianxo compartiu a axenda de actividades para este arrinque de abril, incluíndo na relación as organizadas tamén polas entidades asociativas con sede no termo municipal ou na comarca. Haberá teatro (As damas de Ferrol de Teatro Noroeste), artesanía (un obradoiro de papel da Escola Buhía), presentacións literarias (dous libros de Ricardo Seixo e Abraham Vila) e maxia solidaria (a cargo do Mago Paco). Ademais, o artista local R. Losada Romero presentará o libro A vara de aguillón.

VENRES 05 DE ABRIL

21.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro, As damas de Ferrol de Teatro do Noroeste. Trátase dunha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.

PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 16 anos.

DURACIÓN: 90 minutos

ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

SÁBADO 06 DE ABRIL

10.30 h. Escola de Buhía Araño. Artesanía na aldea: Descubre o papel artesanal.

O obradoiro está enfocado para público infantil e familiar (menores de 6 anos acompañados dunha persoa adulta). Terá lugar na escola de Buía (Rianxo). Hai dúas quendas: 10:30-11:30h e 12:00-13:00h. Ten unha duración de 1 hora. Requírese inscrición previa no enderezo pedrasdepapelart@gmail.com

12.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Libros: presentación das obras Pousos de Natureza e Outra volta de Rodicio de Ricardo Seixo e Abraham Vila. Ademais dos autores, intervirán no acto de presentación o escritor Xosé Ramón Branco Buxán, acompañados polo Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde.

18.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Espectáculo solidario, Ledicias polo Mago Paco a favor da Asociación EsRetina. O espectáculo está organizado polo Mago Paco e a Ludoteca Agarimo coa colaboración do Concello de Rianxo a favor da Asociación EsRetina. PÚBLICO RECOMENDADO: familiar. ENTRADA: 6 €. Retirada anticipada na Ludoteca Agarimo ou na billeteira do auditorio o mesmo día do espectáculo dende unha hora antes.

19.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Libros, presentación A vara de aguillón de R. Losada Romero (Nuco). Ademais do autor intervirán no acto de presentación os escritores rianxeiros Xesús Rábade Paredes e Xosé Ricardo Losada, acompañados polo Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde.

A proposta prevista para o sábado 06 de abril de Namórate da aldea, O Vilar do Araño; organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia, a Asociación de Veciños do Araño e a Asociación Cultural A Ermida de Xoán coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña aprázase por mor da previsión de choiva.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.