A ABE presenta o novo catálogo de premios do seu sistema de fidelización, que xa está activo e pódese consultar na Rede

02 Abril 2024

A patronal boirense (ABE) presentou este 2 de abril, na súa sede, o novo catálogo de premios do seu sistema de fidelización, que xa está activo. Na cita tamén se deu conta das novas funcionalidades que acaban de poñerse en práctica. Na cita cos medios participaron o director xeral de Comercio da Xunta, Manuel Heredia, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e o concelleiro de comercio, Roberto Places que acompañaron ao presidente da patronal, Daniel García e ao xerente, Tomás Estévez.

Antes da presentación celebrouse unha reunión entre os representantes das ditas entidades na que se falou da situación de presente e dos retos de futuro do sector retallista galego e dos proxectos a desenvolver en común entr ABE, Xunta e Concello de Boiro.

O presidente da entidade, Daniel García comezou explicando que o novo catálogo “conta con 9 agasallos con diferentes valores de puntos e entre os que figuran maletas, sets de pícnic, lámpadas cargador, reloxos ou altofalantes”. Amais, dixo, pódense acadar toallas de praia, termos e set para cortar queixos. García precisou que “ademais dos agasallos os clientes poden trocar os puntos por Bonos ABE de 5€ para utilizar nos negocios asociados”. Explicou tamén que o sistema de fidelización funciona de maneira “moi sinxela” xa que o cliente só ten que rexistrar os tíckets de compra na web www.abe.gal e acumular o 10% do seu importe en puntos que poderá cambiar polos premios do catálogo. En canto aos datos de usuarios o presidente precisou que “o sistema, que se puxo en marcha hai pouco mais de un ano, ten uns datos espectaculares xa que conta con 2.819 usuarios activos, 38.706 tíckets rexistrados e 586 premios entregados aos clientes”.

Ademais de acumular puntos coas compras, os clientes (cos mesmos rexistros) participan en sorteos de campañas como a de Nadal, nas Quincenas Fantásticas, na Volta ao Cole, no Día dos Namorados, no Día do Pai da Nai ou nas Noites Abertas da patronal, campañas nas que se sortean miles de euros en Bonos ABE e centos de premios. Entre as novidades o presidente explicou que “estrease un novo boletín para que os clientes dos negocios asociados non se perdan información relevante sobre os premios do catálogo, sorteos, promocións e campañas”. Ademais, dixo, as persoas interesadas “poden rexistrarse na web e ao facelo terán acceso a beneficios exclusivos, entre os que se inclúe a participación nun sorteo bimensual de 50€ entre todos os subscritores”.

Datos do sistema de fidelización

(xaneiro de 2023 – marzo 2024)

Usuarios activos

2.819

Tíckets rexistrados

38.706

Premios entregados

586

Campañas realizadas

14

Importe de premios de campañas con Bonos ABE

13.900 €

Importe do tícket medio

62,92 €

Volume de negocio xerado polos rexistros

2.435.592,78 €

Heredia salienta o “bo facer” da ABE

Na súa intervención o director xeral de Comercio, Manuel Heredia destacou a ABE “como exemplo de bo facer dentro dos Centros Comerciais Abertos de Galicia” e comentou da iniciativa presentada este martes que “supón un exemplo perfecto de como compaxinar o comercio local coa dixitalización”. Así mesmo destacou a importancia da “colaboración entre as diferentes administracións e entidades como factor fundamental para o desenvolvemento económico do sector comercial” e do compromiso da Xunta co sector comercial “para seguir avanzando na dixitalización e promoción do sector”.

Agradecementos do alcalde

Pola sua panda, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, quixo “agradecer á Dirección Xeral de Comercio e Comercio o seu apoio e colaboración a prol do comercio local de Boiro” e respecto da ABE, ademais de dar os parabéns polos números acadados co sistema de fidelización destacou “o importante traballo da patronal, que xa se traduciu en 2 accésits e 1 mención nos Premios Nacionais de Comercio”, cousa que desexou implique finalmente “o tan ansiado Premio Nacional”.

Esta actividade está co-financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Martes con chuvascos e temperaturas baixas para a época

Na comarca quedaremos en zona de chuvascos, asi nesta xornada agárdanse intervalos de nubes e claros e precipitacións intermitentes, localmente treboentas. Cara á noite posibilidade de precipitacións en forma de neve nos cumios máis elevados das montañas de Lugo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...