Xurxo Souto presenta en Noia este venres “Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta”

18 Marzo 2024

A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, en Noia, vai acoller o vindeiro venres 22 de marzo a presentación novo libro do músico, comunicador e escritor coruñés Xurxo Souto: o libro Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta. O acto, que comezará ás 20.30 horas do venres, está organizado pola Asociación Cultura Barbantia, a editorial Xerais, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Noia. Intervirán na cita o escritor e profesor local Xerardo Agrafoxo (Barbantia), o músico noiés Abraham Romo (neto do tamén músico Prudencio Romo, membro de Los Tamara), o concelleiro de Cultura José Pérez e máis o alcalde de Noia, Santiago Freire. No marco da dita tamén se dará a coñecer o suplemento cultural A Voz de Barbantia, número 193, que sairá ao día seguinte, sábado 23, con La Voz de Galicia.

Somos un pobo de artistas (Xerais) ten como punto de partida o libro O outro lado da música, a poesía de Luísa Villalta, a poeta homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Nesta obra, a poeta puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, Souto “penetra na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia”, procurándoa “especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade”.

—

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.