Xoves con chuvascos treboentos canto máis o sur do país

06 Marzo 2024

O xoves quedaremos baixas presións moi preto do noso litoral. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos, localmente treboentos e acompañados de sarabia, máis probables e intensos na metade sur de Galicia. A cota de neve comezará nos 1.300 metros durante a mañá e irá en progresivo descenso ata situarse nos 1.000 metros á noite.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral e zonas altas da metade sur da Comunidade.

Atención: Vento de compoñente sur forza 7 entre Silleiro e Fisterra con intervalos de 8 en mar aberto.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 6 a 8 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Vaga á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 4.5 a 5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...