Xa podemos consultar na Rede o programa completo de actividades de Semana Santa en Porto do Son

18 Marzo 2024

A Capela da Atalaia de Porto do Son acolleu este domingo 19 de marzo a presentación dos actos litúrxicos que se levarán a cabo durante a Semana Santa na vila sonense. Participaron no acto o irmán maior da Confraría da Paixón de Porto do Son, Juan Pérez Pouso, os sacerdotes José Ramón Jorge Marcos e Antonio Vila Brión, o alcalde Luis Oujo Pouso e o catedrático emérito da Universidade de Santiago Agustín Dosil Maceira, que foi o encargado de realizar o pregón este ano. Segundo lembraron, este ano celébrase o vixésimo aniversario da Confraría. No acto tamén compartiron a axenda de actividades da Semana Santa en Porto do Son, que se pode consultar ao detalle a través da web da Confraría.

-Venres 22 de marzo (Venres de Dolores)

Nesta xornada contémplase a figura de María na Paixón, acompañando a Xesús na distancia e sufrinte ao pé da cruz. A misa está prevista para as 20.00 horas. Na igrexa parroquial, misa na honra da Virxe e en memoria dos cofrades falecidos e posterior procesión. Percorrido: rúa da igrexa, avenida de Galicia, rúa Trincherpe e remate na praza de España.

-Domingo 24 de marzo (Domingo de Ramos)

Xornada na que se conmemora o comezo da Semana Santa, coa entrada de Xesús en Xerusalén, que é recibido como rei con cantos, palmas e ramos de oliveira. A reunión na praza de España está prevista para as 10.30, onde se bendicirán os ramos. Ás 11.00 celebrarase a procesión da Borriquita, dende a praza de España e posterior misa na igrexa parroquial. A procesión percorrerá a rúa Trincherpe, a avenida de Galicia, a rúa da Igrexa e con remate na Igrexa Parroquial.

-Martes 26 de marzo (Martes Santo)

Ás 22.00 horas, procesión do Via Crucis, dende a Capela da Atalia. Consiste en 14 escenas da Paixón de Cristo ou estacións, que os fieis percorren ao tempo que oran en sinal de penitencia e arrepentimento. A procesión sairá da Atalaia percorrendo a rúa da Roda, a travesía Moullón, a praza de Rosalía de Castro, Fernando Fariña, praza de España, camiño Novo, rúa Atalia e con remate na Capela.

-Xoves 28 de marzo (Xoves Santo)

Porto do Son conmemora o día no que Xesús celebrouse a Última Cea cos seus apóstolos e instituíu dous sacramentos para a salvación da humanidade: a Eucaristía e a Orde Sacerdotal. Ás 18.00 horas está programada na Igrexa Parroquial a misa e a posterior procesión do Ecce Homo. Percorrerá a rúa da Igrexa, a rúa Castelao, a praza Nova, a praza de España, a rúa Fernando Fariña, a praza de Rosalía de Castro, a travesía Moullón e a rúa da Roda. Remate na Capela da Atalaia.

-Ventres 29 de marzo (Venres Santo)

Porto do Son celebra a Paixón e Morte de Xesús.

10.30. Reunión na praza de España.

11.00. Representación do Santo Encontro (se chove na igrexa parroquial). Procesión dende a praza de España cara Fernando Fariña, praza de Rosalía, travesía Moullón, rúa da Roda e Capela da Atalaia.

18.00. Na Igrexa Parroquial, liturxia, desencravo e posterior procesión do Santo Enterro acompañada da Banda Música Municipal de Brión. O percorrido sairá da Igrexa Parroquial e pasará pola avenida de Galicia e a rúa da Roda. Rematará na Capela da Atalaia.

23.00. Procesión da Soledad, dende a Capela da Atalaia, coa Banda Municipal de Brión. O percorrido é o seguinte: rúa Atalaia, camiño Novo, praza de España, rúa Trincherpe, avenida de Galicia e rúa da Igrexa. Finaliza na Igrexa Parroquial con canto á Virxe e bendición.

-Domingo 31 de marzo (Domingo de Resurrección)

11.00. Dende a Capela da Atalaia, procesión de Xesús Glorioso (acompañada da Banda de Música de Caldas de Reis), encontro de Resurrección na praza de España e posterior misa na Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.