Vero Rilo e Luís Iglesias representan en Boiro a función infantil e familiar “Cacho animalada”

13 Marzo 2024

Boiro vai acoller este domingo 17 de marzo un novo espectáculo da contadora Vero Rilo, a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura. Vero, na compaña de Luís Iglesias, representará en Boiro o espectáculo Cacho animalada, unha proposta para público infantil e familiar.

As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira da Casa da Cultura dende unha hora antes da función.

Cacho Animalada é unha sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias. Aventúranse xuntas nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil… Todo o repertorio vai da man da música, da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animalas…

Organizan o Concello de Boiro e a axencia AGADIC.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.