Veciños de Escarabote piden ao Concello que respecte no rueiro o nome de “rúa do Muelle”

01 Marzo 2024

Un grupo de veciños de Escarabote veñen de xuntar forzas para pedir ao Concello de Boiro que se respecte, na nomenclatura local, o nome actual da vía “estrada rúa do Muelle”. O problema, sinalan, xurdiu cando un grupo de profesionais da pesca, coñecedores do gran labor desempeñado polo pai Joseba no apostolado do mar, solicitaron ao Concello poñer o nome de “pai Joseba” a unha rúa do municipio para honrar a súa memoria. Na súa proposta tamén solicitaron que se cambiase o nome de “rúa do Muelle” por “rúa pai Joseba”. O troco aprobouse no pleno da Corporación do 27 abril de 2023. Porén, a decisión non foi ben recibida por parte da veciñanza da dita vía e así nolo explican: “A pesar de que recoñecemos o gran labor do padre Joseba, rexeitamos o cambio cando hai rúas novas aínda sen nome”. E engaden: “Consideramos que o Goberno municipal precipitouse en tomar esa decisión e coidamos que se debería informar previamente aos veciños da rúa que será obxecto de cambio”.

Recoñecen que xa se entrevistaron co alcalde boirense, José Ramón Romero, e que levaron a cabo unha recollida de sinaturas para que se manteña a nomenclatura actual. A isto unirase unha segunda entrevista co rexedor e no caso que non frutifique a petición elevarán a súa proposta ao pleno da Corporación para que se manteña o nome actual da rúa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.