Unha muller ferida nun accidente na autovía en Asados

26 Marzo 2024

Unha persoa necesitou atención por parte dos servizos sanitarios logo dun accidente de tráfico ocorrido preto das cinco da tarde deste martes na autovía de Barbanza. O vehículo que conducía saíuse da vía na zona de Asados e terminou envorcado sobre o asfalto.

Os bombeiros de Boiro tiveron que intervir xa que podía haber persoas atrapadas. O aviso o 112 mobilizou tamén a Policía Local de Rianxo, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico, xunto coa ambulancia do 061.

Aínda que a muller logrou saír do vehículo polos seus propios medios, mostraba signos de desorientación, polo que foi trasladada ao centro de saúde do municipio.

A.D:C: Bombeiros de Boiro. Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviron xunto 061, Policía Local de Rianxo, Garda Civil Tráfico e mantemento da AG-11 en accidente con feridos na saída 17 en Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.