Román Rodríguez salienta a mellora de confort e enerxética do colexio plurilingüe de Lousame logo dun investimento de preto de 600.000 € da Xunta

04 Marzo 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Colexio Público Integrado CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, en Lousame, para comprobar o resultado das obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia cun investimento de preto de 600.000 euros.

Román Rodríguez salientou que estas melloras, que supuxeron a renovación das fiestras e o illamento térmico do edificio principal e do de Infantil, teñen “unha repercusión directa tanto no confort dos alumnos e dos docentes que usan estas instalacións día a día, así como no eido da sostibilidade enerxética e ambiental”.

En total substituíronse 220 ventás e instalouse illamento térmico con SATE nunha superficie de algo máis de 1.000m², o que, segundo o conselleiro, “dá boa conta da envergadura desta actuación” enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino e converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables, así como axustadas ás necesidades da educación do século XXI, máis dixitalizadas e con espazos funcionais, amplos e flexibles.

Durante a visita, Román Rodríguez reiterou a aposta do Goberno galego coa mellora educativa no ámbito do rural, o que garante que os alumnos galegos “teñan exactamente as mesmas oportunidades independentemente de onde vivan”.

Nesta liña destacou a implicación do centro educativo cos distintos programas da Consellería de Educación “grazas ao traballo e ao compromiso do seu profesorado co equipo directivo á cabeza”. Non en balde, o Cernadas de Castro é centro plurilingüe desde 2016 para a etapa de ESO, está incorporado ao proxecto E-Dixgal da Xunta e participa nos Contratos-Programa con distintos proxectos en marcha tanto das liñas de reforzo educativo como de innovación e de inclusión e convivencia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...