
As parroquias de Ribeira celebraron este domingo a presentación do novo equipo sacerdotal que comezou a súa andaina coa Unidade Pastoral que une nun mesmo proxecto pastoral as parroquias do Concello, un acto presidido polo Arcebispo Metropolitano de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto Fernández.
O equipo parroquial está integrado por D. Alfonso Mera Nogueiras, quen actuará como moderador, D. Sidonio José Alves de Sousa, e D. Ndongo Sylvestre Marcel. As parroquias son Santa Maria de Corrubedo, Santa María de Olveira, San Martiño de Oleiros, San Xian de Artes, Nosa Señora do Carme de Aguiño e Santa Uxía de Ribeira.
Na solemne celebración fíxose pública lectura do nomeamento. Os sacerdotes renovaron as súas promesas sacerdotais, e os colaboradores parroquiais ratificaron o seu compromiso coa misión da Igrexa. Ao finalizar entregáronse as chaves dos sagrarios. O Sr. arcebispo, no contexto deste tempo da Coresma, chamou a convertir o corazón para seguir o plan de Deus, a nivel persoal e comunitario, atendendo a chamada do tempo presente.
Unha Upa e unha parroquia de parroquias, familia de familias, un horizonte pastoral onde as parroquias unen as súas forzas integrando Catequese, celebración, testemuño e compromiso social para sementar Evanxeo. Xa son tres as Unidades pastorais que no Barbanza inician o seu Camiño, como unha aposta pastoral para unha comarca chea de vida, de fe, e a que a Deus regalou cunha maravillosa natureza.




