“Retos para os sectores pesqueiro e acuícola, a debate” – Antón Luaces

25 Marzo 2024

Un debate sobre os retos aos que se enfrontan os sectores da pesca e a acuicultura é fundamental para garantir a autonomía alimentaria da Unión Europea, e polo seu papel estratéxico na vertebración das comunidades pesqueiras.

Así o manifestou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, quen agradeceu á presidencia belga da UE o seu interese en propiciar ese debate no que España xa formulara a necesidade de dar pulo a políticas activas que incentiven o consumo de peixe como alimento moi nutritivo con notábeis beneficios para a saúde da poboación. “Unha proteína de calidade, cunha baixa pegada de carbono, alimento fundamental que garante a seguridade alimentaria  da Unión Europea”, dixo Planas, quen fixo fincapé en que as elaboracións comunitarias contan cun dos mellores estándares en aspectos como a calidade, sostibilidade ou a seguridade, grazas en grande medida a un sólido marco normativo como é a Política Pesqueira Común.

O ministro Planas está convencido de que o futuro destes sectores pasa por garantir unha actividade que sexa rendible e sostible. Avoga, nesta liña, por ter en conta o impacto socioeconómico das medidas que se formulan no marco da política pesqueira comunitaria. Para España resulta fundamental o necesario equilibrio entre as decisións encamiñadas a preservar a diversidade mariña e o mantemento do tecido produtivo e o desenvolvemento económico da pesca nas zonas costeiras.

España apoia que o Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) se oriente cara a renovación da frota pesqueira para que sexa máis eficiente, descarbonizada e segura. Neste senso, a incorporación das novas tecnoloxías resulta fundamental para favorecer a modernización da frota e que os sectores pesqueiro e acuícola acaden os maiores niveis de eficiencia posibles. Deste xeito, a actividade pesqueira será máis atractiva para as novas xeracións e propiciará a remuda xeracional nun momento no que, en Ribeira, o armador dun pesqueiro acabado de construír anuncia que vai solicitar os permisos pertinentes para contratar tripulantes asiáticos para poder saír a pescar, debido a que non da contratados tripulantes galegos.

O ministro Planas coida que acadar unha pesca e acuicultura moderna, sustentable, competitiva e rendible pasa por utilizar todas as ferramentas dispoñibles, pero tamén contando coa participación dos homes e mulleres do sector.

As iniciativas que se tomen no ámbito comunitario deberán ter en conta as demandas do sector primario, o sector privado, os espazos de coñecemento e a sociedade civil.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.