Rapaces de Boiro e Viana do Castelo realizan as súas pezas audiovisuais

21 Marzo 2024

O Concello de Boiro colabora co IES A Cachada e o Festival de Cinema Escolar Olloboi (impulsada dende a asociación cultural do mesmo nome e capitaneada por Ana Moreiras e Sara Hermo), concretamente no desenvolvemento dunha nova edición da Muchachada, celebrada durante o intercambio do IES A Cachada con alumnado de Viana do Castelo.

Durante tres días as rapazas e rapaces de Viana tiveron oportunidade de coñecer a contorna de Boiro, familiarizarse co cine e elaborar as súas propias pezas audiovisuais.

Este mércores foi o último día de intercambio no que o alumnado participante viviu a Muchachada Olloboi. A través dela tiveron que elaborar as súas propias pezas audiovisuais. Os máis de 40 alumnos participantes dividíronse en catro grupos mixtos de alumnos e alumnas galegos e portugueses, cada un traballando sobre unha temática para realizar as súas propias curtas.

Cada grupo contou cunha persoa informante, que nesta ocasión foron as mulleres dos obradoiros de memoria da Cruz Vermella de Boiro que contaron as súas experiencias sobre o traballo, o amor ou a infancia. Ademais, cada grupo contou coa colaboración dun cineasta, para aportar a súa visión profesional, e uns colaboradores do grupo de audiovisuais do IES Praia Barraña.

Olloboi é unha asociación sen ánimo de lucro que organiza un festival audiovisual de curtametraxes dirixido a todos os niveis educativos. A edición deste ano cambiou de formato pero mantendo a esencia e apostando tamén por ofrecer un intercambio lingüístico e cultural con alumnado portugués.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, estivo este mércores coa rapazada antes de que comezaran coa gravación das súas pezas audiovisuais: “Para o Concello de Boiro é sempre un orgullo colaborar cunha iniciativa tan enriquecedora como esta na que os rapaces e rapazas desfrutan creando a súa propia peza audiovisual asistidos por profesionais do cinema e, este ano tamén, participando dun intercambio lingüístico”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.