Pablo Lago visita as instalacións da planta de tratamento de residuos de Lousame a petición do comité de empresa e de FCC

15 Marzo 2024

O presidente da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza, Pablo Lago Sanmartín, visitou as instalacións da planta de tratamento de lixo de Servia (Lousame), respondendo así as peticións realizadas tanto polo comité de empresa como pola
empresa xestora do complexo, FCC. Lago Sanmartín foi recibido por Luís Fernández, xefe da planta da empresa FCC, e por Ángel Brantuas, presidente do comité de empresa, quen estivo acompañado por varios membros do comité.
Fernández guiou á comitiva polas instalacións da planta de tratamento de lixo, onde puideron comprobar o seu funcionamento, o estado da flota e da maquinaria, a zona de vertedoiro… “Queriamos ver sobre o terreo o funcionamento da planta e comprobar tamén o estado no que se atopan tato as instalacións como a flota de vehículos”, apuntou Pablo Lago, quen indicou que “tomamos boa nota e daremos traslado tanto á Mancomunidade como a outras Administracións para tomar as solucións oportunas”.
Mesa de traballo
Neste sentido, o presidente da Mancomunidade explicou que o pasado 7 de marzo tivo lugar en Brión a primeira mesa de traballo despois das eleccións autonómicas na que participaron os alcaldes e alcaldesas dos municipios que levan os seus refugallos á planta de Servia. Nese encontro analizáronse xa algúns dos asuntos planteados dende o comité de empresa e por FCC como o plan de pagos, a compra de novos contedores ou a reparación da maquinaria.
Ademais, Pablo Lago deu conta tamén das reunións de traballo mantidas con Sogama, Ecoembes e coa Xunta de Galicia para tratar cuestións de importancia para o futuro da planta. Encontros que continúan producíndose, como o celebrado onte mesmo coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos.
Unha vez finalicen as mesas de traballo cos alcaldes e alcaldesas, Pablo Lago convocará unha Xunta Xeral de Concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza, atendendo así a petición realizada pola maior parte dos seus integrantes, así como unha Asemblea Xeral, para tomar as decisións precisas para garantir o futuro da planta de tratamento de lixo de Servia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.