Os seareiros do ultratrail poden inscribirse a partir deste venres en Os 100 dos Internacional Trekkers

14 Marzo 2024

Xa empeza a coller corpo a proba deportiva máis dura da nosa comarca e, sen lugar a duras, unha das máis destacadas do panorama galego e estatal: Os 100 dos Internacional Trekkers, que vén novamente con dous formatos de andaina e ultratrail. Desenvolverase entre o 22 e o 23 de xuño.

Logo do protagonismo de Boiro na anterior edición, desta volta será Rianxo o concello anfitrión. As inscricións poden facerse a partir deste venres en www.itrekkers.org.

Organizan os Concellos de Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro, xunto coa Mancomunidade Barbanza Arousa e o Concello de Catoira, que será o municipio convidado desta convocatoria. A proba pasará por todos os devanditos territorios.

Os 100 do Barbanza é unha proba de trail de 100 quilómetros que se realiza en 24 horas e que forma parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica. “É unha proba de ultrafondo e ultradistancia das máis importantes do territorio nacional, e que supón un desafío persoal e deportivo”, sinalan dende a organización.

A nova edición da proba será presentada nos seus detalles este venres ao mediodía no Concello de Rianxo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.