Os Concellos de Muros, Carnota, Dumbría e Cee acordan crear unha ruta costeira común

13 Marzo 2024

Os Concellos de Muros, Carnota, Dumbría e Cee asinaron un acordo de colaboración pioneiro para a creación dunha ruta costeira que, con inicio no municipio de Cee e fin no porto de Muros, permitirá concretar diversas iniciativas turísticas destes municipios.

En palabras do anfitrión do acto de sinatura e principal impulsor da iniciativa, o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, “nos últimos anos xurdiron iniciativas que eran un exemplo dunhas inquedanzas latentes como a Senda Litoral de Galicia, Sendeiros entre Faros, Camiños de Andar ao Mar, Senda das Estrelas… Con este itinerario cultural pretendemos crear un armazón definitivo que sirva para materializar todas estas iniciativas previas e outras que poidan xurdir no futuro”.

O acordo foi asinado no Hotel Meiga do Mar (Carnota) polas alcaldesas de Muros, María Lago, e de Cee, Margarita Lamela, e polos alcaldes de Carnota, Juan Manuel Saborido, e Dumbría, Raúl González. No acto estiveron acompañados por representantes das súas respectivas Corporacións e por integrantes das distintas asociacións de empresarios e hostaleiros da zona como Pepe Senande e Manuel Lema, membros de Hostalaría Ría da Estrela; Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM); e Toño González, directivo da asociación Solpor.

Segundo explicaron, a ruta transcorrerá por algúns recursos de “altísimo valor paisaxístico e cultural” como a antiga factoría baleeira de Caneliñas, o Faro de Lariño e o resto de praias dos catro concellos. Porén, sinalaron, “o seu grande atractivo radica en que transcorre ao carón dalgunhas das máis senlleiras iconas da costa galega como a Fervenza do Ézaro, o Monte Pindo, a praia de Carnota, o Monte Louro, o núcleo histórico de Muros e, en ambos os dous extremos, dous Camiños de Santiago: o de Fisterra-Muxía e o da Ría de Muros Noia”.

Para poñer en marcha a iniciativa, os catro Concellos acudiron xa ás axudas dos fondos europeos FEMPA, xestionadas polo GALP Costa Sostíbel, para poñer en marcha unha serie de accións entre as que se inclúen: a delimitación do itinerario cultural entre Cee e o porto de Muros, as tarefas de sinalización e balizamento que serán precisas e a posta en marcha de distintas accións promocionais tales como a creación dun espazo web e a edición de mapas turísticos.

Os representantes das distintas asociacións de hostaleiros e empresarios presentes durante a sinatura do convenio coincidiron en “destacar a importancia de contar con este proxecto integrador xa que é quen de superar fronteiras, xerar beneficios económicos e aumentar a percepción do territorio por parte das persoas visitantes”.

A continuación damos conta das asociacións profesionais integradas na iniciativa:

• Asociación turístico comarcal Hostalaría Ría da Estrela, integrada por un grupo de hostaleiros e empresas de ocio da Ría da Estrela con intereses comúns e gañas de promover e poñer en valor este xeodestino.

• Asociación Solpor, nacida no ano 2014 para traballar na promoción do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía e conformada por unha gran variedade de socios de diferentes sectores: hoteis, albergues, casas rurais, tendas, distribuidoras, restaurantes…

• Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), integrada por máis de 170 socios entre hoteis, casas rurais, apartamentos e vivendas turísticas, albergues, pensións, hostais, museos, centros de interpretación, comercio, centros de estética, wellness e spa, empresas de turismo activo e actividades na natureza ou náutico-deportivas, restaurantes…

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...