O público de Ribeira poderá asistir en Santiago ao espectáculo do CDG “Manuela Rey is in da house”

04 Marzo 2024

Ribeira, xunto con outros concellos da nosa comarca, volve formar parte do Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego, a través do cal convídase á veciñanza do Barbanza a achegarse a Compostela para asistir ás representacións do CDG. Desta volta o público de Ribeira poderá acudir ao espectáculo Manuela Rey is in da house, o vindeiro 16 de marzo. O prezo da entrada e o autobús será de 6 € por persoa. A hora de saída será ás 18.30 h. A función será no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As reservas cómpre facelas a través do teléfono 981835650 (de luns a venres de 9 a 14 h) e da conta normalizacion@ribeira.gal.

A obra cóntanos o misterio de Manuela Rey, “a muller lirio”, un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona María II, en Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro. En palabras do CDG, Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués.

Dirección de escena e dramaturxia: Fran Nuñez

Elenco: Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero

Textos: Paula Ballesteros, Xaquín Núñez Sabarís, Ernesto Marecos, Sousa Bastos, Manuela Rey, Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero

Música: Xosé Lois Romero

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.