O Plan Único da Deputación financia con 103.438 euros unha nova fase das obras de humanización da rúa da Capela, en Outes

25 Marzo 2024

O Plan Único da Deputación da Coruña vai financiar unha nova fase das obras de humanización da rúa da Capela, en Outes. O Concello vén de publicar a licitación das obras na Plataforma de Contratación do Sector Público, cun orzamento de 103.438 euros financiados ao 100% con fondos do Plan Único (POS+2023).

Segundo informaron Deputación e Concello, as obras darán continuidade ao proxecto de humanización iniciado nesta céntrica rúa, que dá acceso a servizos como o Centro de Saúde, creando e ampliando beirarrúas en ambas marxes, delimitadas con bordo de granito e con baldosa de formigón vibrado granallada, “ofrecendo un espazo máis amplo e seguro para a circulación peonil”, sinalaron.

O proxecto inclúe tamén a renovación da capa de rodaxe da estrada, cunha superficie total de 150 metros cadrados, e dos aparcamentos, previa demolición do pavimento actual.

Inclúese tamén a renovación de servizos, coa canalización subterránea de saneamento e abastecemento de auga, electricidade, telefonía e alumeado, así como a recollida de pluviais.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 8 de abril.

Con cargo a este proxecto financiarase tamén obras de pavimentación de dous tramos de 400 e 185 metros do camiño da Grela, en Cando, que incluirá un novo arranco de fochancas, limpeza de gabias e perfilado das mordentes e o tratamento asfáltico para renovar o firme.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.