O gas radon centra dúas sesións das Xornadas de Información Sanitaria de Outes (os xoves 21 e 29 de marzo)

13 Marzo 2024

O vindeiro xoves 21 de marzo vaise celebrar unha nova sesión das XVIII Xornadas de Información Sanitaria de Outes (III Xornadas do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC). Será novamente na Casa da Cultura de Outes, a partir das 18.30 horas. A sesión porá o foco no coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. A xornada será impartida por Luis Mayo Suárez, licenciado en Medicina e Cirurxía e alumnado do TFG.

A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes celebrarase entre outubro de 2023 até maio de 2024, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.

A seguinte sesión será o xoves 29 de marzo de marzo e volverá xirar arredor do gas radon, facendo fincapé na súa presenza en Galicia e nos recursos cos que conta a cidadanía para minimizar o impacto deste gas radioactivo. A charla será impartida polo doutor Alberto Rano Raviña. Celebrarase como dixemos 29 de febreiro ás 18.30 horas na Casa da Cultura (Centro Social).

En abril, o día 17, será a quenda de Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, que impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.