As portas do Consistorio de Muros acolleron no mediodía deste xoves 21 de marzo unha concentración en repulsa polo asasinato de Andrea en Ribeira e en contra de todo tipo de violencia contra as mulleres.

Na concentración, na que participaron as e os integrantes do grupos da Corporación e as traballadoras e traballadores do Consistorio, interviñeron (entre outras/os) a concelleira de Igualdade e Muller, Maruxa Martínez Romaní, que dixo que “repudiamos sen fisuras calquera forma de violencia machista e reiteramos o noso firme compromiso na loita contra esta lacra social” e máis alcaldesa María Lago, quen incidiu na importancia de “non normalizar este grave problema, non podemos deixar que as mulleres se convertan en números, porque detrás de cada unha delas hai vidas truncadas”.

…



