O Concello de Lousame conmemorará o Día da Muller cunha andaina polo río Vilacova

01 Marzo 2024

O Concello de Lousame conmemorará o Día Internacional da Muller cunha andaina polo río Vilacova, na que aproveitarán para poñer en valor o papel das mulleres que traballaron nas antigas papeleiras do municipio. A andaina celebrarase na mañá do sábado 9 de marzo sobre unha distancia de 8 quilómetros de dificultade baixa. A participación é de balde, se ben por razóns de loxística é preciso anotarse antes do xoves 7 de marzo en www.bandoticket.com.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explicou que “con esta iniciativa queremos revivir a historia das mulleres que traballaron nas papeleiras de Lousame”. E engadiu respecto dos detalles da andaina: “Dende o Concello de Lousame levamos xa varios anos reivindicando o papel da muller nos distintos oficios: leiteiras, profesoras, hostalería, agricultoras, traballadoras da mina… e este ano tócalle ás mulleres das papeleiras”. A concelleira explicou que “contaremos coa guía da nosa técnico Maite Sobradelo, quen se encargará de explicar o papel da muller dentro das papeleiras de Lousame”.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, sinalou que “o punto de encontro será a praza do Concello o sábado 10 de marzo, ás 9:30 horas. Aí poderemos deixar os coches e subir a un autobús que nos levará ata a Ponte Vella de Vilacoba, que é onde comezaremos a nosa camiñada”. Será, dixo, unha andaina de 8 quilómetros e de dificultade baixa, “polo que pode ser realizada por calquera persoa, con independencia da súa idade e condición física”.

A expedición sairá da Ponte Vella de Vilacova cara Lesende, agardándose que sobre as 11:00 horas cheguen a Soutorredondo, onde terá lugar a lectura dun manifesto e a explicación de Mayte Sobradelo, licenciada en Historia e encargada das visitas turísticas no municipio, sobre o papel das mulleres traballadoras nas papeleiras de Lousame. Unhas papeleiras que irán visitando durante o camiño de volta a Portobravo.

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Lousame e está financiada con cargo a créditos recibidos do Ministerio de Igualdade de acordo ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.