O Concello da Pobra renova o patrocinio deportivo coa atleta Lidia Parada

04 Marzo 2024

A lanzadora de xavelina Lidia Parada (A Pobra, 1993), unha das grandes deportistas da nosa comarca (cun envexábel currículo de dez títulos de campioa de España, catro récords galegos nacionais e máis de dez participacións en campionatos internacionais), volve contar co apoio do Concello da Pobra do Caramiñal.

Este respaldo municipal coa deportista materializarase nun novo patrocinio que lle servirá de apoio no obxectivo de chegar aos Xogos Olímpicos de París de 2024. A Administración local decidiu incrementar a contía asignada ata os 6.000 euros: 4.000 euros fixos e 2.000 euros en caso de asistir ás olimpíadas.

O alcalde, José Carlos Vidal, manifestou a importancia de establecer este vínculo cunha deportista de elite amplamente recoñecida, polo que se “entende procedente levar a cabo un contrato de patrocinio coa finalidade de garantir a difusión da imaxe do noso concello e á vez axudar para o sostemento económico da atleta, para levar a cabo o seu proxecto e poder así centrarse a fondo no duro percorrido que supón cumprir cos seus obxectivos deportivos.”

A este respecto tamén se pronunciou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen reiterou que “cremos firmemente na aposta polo deporte e en apoiar tódalas disciplinas deportivas”. Co establecemento deste patrocinio búscase que a deportista se poida centrar na súa preparación para poder optar a un dos grandes eventos deportivos mundiais, sinalou o edil.

Pola súa parte, a atleta Lidia Parada agradeceu a implicación do Concello da Pobra do Caramiñal, institución da cal recoñeceu que sempre tivo apoio, especialmente trala época que sufriu de lesións. Este contrato é un incentivo que lle permitirá dedicarse con tranquilidade á práctica para superar a súa marca persoal de 61 metros ata conseguir os 64 metros e incorporarse aos Xogos. “Para min é un orgullo”, insistiu.

Entre as obrigas figuran que a atleta deberá inserir o logotipo da Área dos Deportes do Concello da Pobra do Caramiñal nun lugar visible do equipamento oficial. Participará tamén en actividades municipais deportivas e doutra índole, así como vídeos promocionais. Realizaranse sempre por un acordo mutuo e sen interromper ou afectar de maneira negativa adestramentos e competicións.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.