O Club de Xubilados do Son acolleu un obradoiro sobre como coidar ás persoas coidadoras

11 Marzo 2024

Con motivo da celebración, este venres 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, o Concello de Porto do Son organizou unha actividade formativa destinada a subministrar recursos de utilidade para as persoas coidadoras de dependentes. En concreto, o obradoiro Coidando a quen coida tivo o obxectivo de formar ás persoas que teñen a outras persoas ao seu cargo en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade e dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicas que lles faciliten o seu labor.

Amais, achegáronse ás e aos asistentes metodoloxías para previr o síndrome do coidador e co-dependencia nos familiares e coidadores e o burn-out nos coidadores.

O obradoiro foi impartido por Marichel Costas Manzanares, enfermeira da EOXI A Coruña. A programadora da actividade foi Begoña García Cepeda.

Celebrouse o 8 de marzo no Club de Xubilados de Porto do Son. Á sesión asistiu o concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, que participou na inauguración a actividade reivindicando o valor dos traballos realizados polas mulleres ao longo do tempo; “de todas e cada unha das que tiveron que asumir como propio as labores do fogar e da familia e facer auténticos malabares para estar sempre ao 100% tamén no seu propio traballo”, sinalou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.