O Club de Xubilados de Lousame organiza unha andaina polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia

27 Marzo 2024

O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha andaina polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia. Unha viaxe aberta a toda a veciñanza de Lousame e da comarca que se vai desenvolver ao longo de tres etapas.

A primeira delas, os 16 quilómetros que separan Porto do Son de Portobravo, celebrarase o vindeiro domingo 7 de abril. As persoas participantes concentraranse ás 9:00 horas dese día na praza do Concello, de onde sairán en autobús ata Porto do Son.

O prezo por participar na actividade é de 5 euros, que se aboarán o mesmo día da andaina. As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un Whatsapp ao 653 22 16 55.

Esta será a segunda andaina organizada polo Club de Xubilados de Lousame nos últimos anos. A finais de 2022 e coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo xa organizaran unha primeira andaina seguindo a ruta xacobea. Unha andaina organizada en tres etapas e que tivo unha media de sesenta asistentes na súa primeira edición.

Outros artigos

Sábado con chuvascos e baixa da temperatura

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións que se situarán ao norte da Comunidade, deixando unha xornada de chuvascos localmente treboentos máis intensos no litoral e que irán a menos co avance da tarde, sendo pouco probables no interior pola noite. A...

+

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...