O alumnado de Tahume IX completa con diversas actividades prácticas a súa formación ambiental en Ribeira e O Son

06 Marzo 2024

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, posto en marcha polos Concellos de Porto do Son e Ribeira, iniciou a súa actividade co propósito de comezar a aplicar os coñecementos adquiridos nos últimos meses.

As especialidades impartidas este ano son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Este programa está dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas e abordar de xeito efectivo as necesidades de emprego dos ditos municipios do Barbanza.

Entre as tarefas desenvolvidas atópase a limpeza e acondicionamento do parque periurbano de San Roque, en Ribeira,

Ademais, as e os participantes en Tahume IX participaron e colaboraron nas prácticas do alumnado do Certificado de Profesionalidade de Habilitación para a Docencia en grados A, B e C do Sistema de Formación Profesional.

A maiores, os días pasados, para completar a súa formación, visitaron a sede de AMBAR en Frións (Ribeira), onde foron recibidos polo voluntario da entidade e experto en agricultura ecolóxica Manolo González, que lles mostrou o traballo que se está a levar a cabo no invernadoiro da asociación inclusiva.

O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.