O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX visitou a sede de AMBAR

22 Xaneiro 2024

Este luns 22 de xaneiro o Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional recibiu a visita do alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX dos Concellos de Ribeira e Porto do Son, que se están a formar nas especialidades de Xardinería e Forestal (Conservación e mellora de montes).


Para mostrarlles o invernadoiro e o traballo que se leva a cabo nel, contaron ca colaboración de Manolo González, voluntario de AMBAR e promotor da agricultura ecolóxica, formando parte da Asociación Sachos á Rúa e levando a cabo obradoiros en diferentes escolas do Concello de Ribeira con rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos.

Ademais Manolo respondeu ás dúbidas relacionadas cos tipos de cultivo e abonos, así como co mantemento e os apeiros que se utilizan na agricultura ecolóxica. Explicou que a maioría son produtos autóctonos, pero que tamén se introduciron outros como o boniato ou a batata, xa que cada vez contamos cunha poboación máis diversa. Por último, puideron coñecer o Xardín Sensorial e observar as plantas e demais seres vivos que o compoñen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.