Nuco Losada presenta o libro “A vara de aguillón” o vindeiro 6 de abril no Auditorio de Rianxo

24 Marzo 2024

O salón de actos do Auditorio de Rianxo vai dar acollida o vindeiro 6 de abril ás 19.30 horas á presentación de A vara de aguillón do artista local R. Losada Romero (Nuco), no marco do programa municipal de actividades Primavera Cultural.

Ademais do propio autor intervirán no acto de presentación os escritores rianxeiros Xesús Rábade Paredes e Xosé Ricardo Losada, acompañados polo concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde.

Robustiano Losada Nuco é un dos máis coñecidos e innovadores escultores da nosa comarca e centra boa parte da súa produción en traballar con pedra, ferro e vidro, tal e como se pode ver na exposición permanente que ten aberta ao público no seu propio domicilio e que podemos ver nos seus detalles, dende a Rede, en Turismo.gal.

A súa obra é moi destacada pola orixinalidade da proposta pero tamén pola proximidade das súas esculturas coa realidade social e cultural da nosa terra e do noso tempo. Boa parte das súas pezas xorden directamente do legado que nos deixaron os grandes escritores rianxeiros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.