Na Pobra, sorteo de 50 lotes de agasallos entre o alumnado da primaria da Pobra polo xogo-concurso “As Sete Rosalías”

20 Marzo 2024

Pola cuarta edición do xogo-concurso As Sete Rosalías convocado polo Concello da Pobra sorteáronse 50 lotes de agasallos, no total, entre a rapazada acertante dos CEP Pilar Maestú Sierra e Salustiano Rey Eiras; recompensas que consistiron en cadansúas botellas térmicas e xogos de mesas, os dous obsequios serigrafados.

Un ano máis, apostouse novamente por esta actividade por ocasión do Día de Rosalía de Castro, que se conmemora no 23 de febreiro, “dado que constatamos que segue espertando interese entre as crianzas cando se achega esta data, polo cal empregamos este pasatempo como un método para que se familiaricen coa figura da intelectual galega mentres xogan e percorren a nosa vila na busca das sete versións distintas polos escaparates dunha trintena de establecementos colaboradores. Quero agradecer, polo tanto, a implicación da comunidade educativa e do tecido comercial”, nas palabras da concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

A dinámica foi a habitual de anteriores convocatorias: locais do municipio expuxeron siluetas co rostro de Rosalía; sete delas, customizadas. Tras realizar o achado, a rapazada debía anotar esas diferenzas e o lugar onde se atopaban. Logo de superado o reto, os documentos debidamente cubertos debían ser depositados nos colexios xa mencionados.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.