O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares.
A Deputación e a Federación Galega de Atletismo colaboraron, de novo, na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses ao longo do ano pasado.
Antonio Leira felicitou ás gañadoras e aos gañadores das de cada unha das probas e agradeceu “a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades”.
Ao tempo, o deputado provincial indicou que “a vindeira edición do Circuíto de Carreiras Populares, xa a décima, contará con 35 probas, das que cinco terán lugar en municipios que non acolleran aínda o circuíto en anos anteriores, o que indica que cada vez estamos chegando a máis recunchos de toda a provincia”. Eses concellos que se unen ao circuíto este ano son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño.
Por último, Leira incidiu en que “desde a área de Deportes da Deputación, agardamos incrementar os 15.000 participantes desta última edición”.
Nesta edición do circuíto proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina Amador Pena, e na feminina Elena Veres Ojea, ambos do SD Compostela Atletismo.
No podio por equipos, o SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. O Club Atletismo Sar clasificouse segundo na categoría masculina e feminina e o Club Atletismo Tambre foi o terceiro clasificado na categoría masculina, mentres que a Asociación Deportiva Olimpia quedou terceira na feminina.
En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, a Asociación Deportiva Olimpia e a SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron os da Asociación Deportiva Olimpia, o Club Atletismo Tambre e a SD Compostela Atletismo.
Na celebración desta gala tamén foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.
CATEGORIA ABSOLUTA FEMENINA
1.- Elena Veres Ojea SD Compostela Atletismo
2.- María Tarrío Martínez SD Compostela Atletismo
3.- Elvira Tresguerras González CA Sar
CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA
1.- Amador Pena Torreira SD Compostela Atletismo
2.- Marcos García Soñora CA Noia
3.- Manuel Castiñeiras Portos SD Compostela Atletismo
CLUBS ABSOLUTO FEMENINO
1.- SD Compostela Atletismo 4488 puntos
2.- Club Atletismo Sar 2876 puntos
3.- Asociación Deportiva Olimpia 1983 puntos
CLUBS ABSOLUTO MASCULINO
1.- SD Compostela Atletismo 3244 puntos
2.- Club Atletismo Sar 2980 puntos
3.- Club Atletismo Tambre 1563 puntos
CLUBS MENORES FEMENINO
1.- Club Atletismo Noia 8113 puntos
2.-Asociación Deportiva Olimpia 3996 puntos
3.-SD Compostela Atletismo 2482 puntos
CLUBS MENORES MASCULINO
1.- Asociación Deportiva Olimpia 4919 puntos
2.- Club Atletismo Tambre 3181 puntos
3.- SD Compostela Atletismo 2059 puntos
Relación das 35 carreiras que integran o X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña:
CARREIRA | CONCELLO | DATA |
XIII Sin-Son 10K | Porto do Son | 22/12/2024 |
10K Carballo 2024. XII Carreira Popular Concello de Carballo | Carballo | 02/06/2024 |
43 Edición Carreira Internacional de Negreira ” A CLÁSICA” | Negreira | 03/11/2024 |
XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames | Ames | 20/10/2024 |
XXXIII Carreira Popular Concello de Cambre | Cambre | 15/08/2024 |
X Carreira Popular Concello de Rianxo | Rianxo | 01/11/2024 |
XII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo | Vimianzo | 21/04/2024 |
XIX Carreira Popular Mar de Boiro17º Memorial Pepe Buceta | Boiro | 01/12/2024 |
XI Carreira Nocturna Corre Por Ferrol | Ferrol | 14/09/2024 |
XII Carreira Pedestre Concello de Camariñas | Camariñas | 10/03/2024 |
IX Carreira Pedestre Popular Concello de Frades | Frades | 01/05/2024 |
XV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal | Pobra do Caramiñal | 25/08/2024 |
VIII Carreira Pedestre Concello de Dumbría | Dumbria | 25/05/2024 |
9ª Carreira Pedestre Nocturna Concello de Cee 2024 | Cee | 06/07/2024 |
41 Carreira Pedestre Popular da Amaia | Brion | 05/10/2024 |
XXV Carreira Popular Sta Uxía | Ribeira | 28/09/2024 |
XXX I Carreira das Areas | Carnota | 23/06/2024 |
XVI Carreira Pedestrte Popular de Noia | Noia | 31/08/2024 |
VII Carreira Pedestre Concello de Mazaricos | Mazaricos | 05/05/2024 |
XIX Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino | O Pino | 22/09/2024 |
IX Carreira Popular Dolmen De Dombate | Cabana de Bergantiños | 21/09/2024 |
IX Carreira Concello de Muxía | Muxia | 14/07/2024 |
IX Carreira Pedestre Concello de Zas | Zas | 01/06/2024 |
IX Carreira Pedestre do Concello de Fisterra | Fisterra | 13/10/2024 |
XXI Carreira Vila de Corcubión | Corcubion | 07/09/2024 |
XXXII Milla Urbana ” Concello de Ares” | Ares | 03/08/2024 |
IV Carreira Pedestre Clásica Gandeira | Santa Comba | 24/03/2024 |
XIX Carreira Pedestre de Lestrobe | Dodro | 12/10/2024 |
9ª Carreira Popular de San Sadurniño | San Sadurniño | 09/06/2024 |
VII Carreira Popular do Apóstolo Vilaño | A Laracha | 13/07/2024 |
31 Carreira Pedestre San Xosé 2024 | As Pontes | 17/03/2024 |
VII Volta Ás Forcadas | Valdoviño | 16/06/2024 |
II Trail Concello de Mañon | Mañon | 26/10/2024 |
II Milla Urbana Concello de Curtis | Curtis | 02/08/2024 |
I Carrera Popular do Concello de As Somozas | As Somozas | 08/09/2024 |