Luns sen cambios no tempo

03 Marzo 2024

Non se agardan cambios significativos para o luns, xa que continuaremos na influencia das baixas presións que enviarán unha nova fronte fría durante as primeiras horas.

Prognóstico do tempo ás 12 da mañá do luns 4 de marzo. Mb

Teremos ceos nubrados con chuvias máis intensas durante a mañá, máis ocasionais e perdendo intensidade co avance da tarde. A cota de neve irá baixando ata os 900 metros. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos, 6 de mínime e 13 de máxima. O vento soprará moderado de compoñente oeste, con con intervalos en zonas altas e en puntos próximos ao litoral litoral norte. O martes e o mércores teremos unha tregua nas precipitacións que regresarán a partir do xoves durante mínimo uns dez días.

meteogalicia

O noso mar:

Vento do oeste á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.