O Concello de Rianxo saca a licitación a ampliación da rede de abastecemento de auga nos nucleos de Fachán, A Coviña e Chorente.
A actuación, que permitirá dar servizo ás vivendas situadas nestes lugares e que inclúe a reposición do firme con aglomerado en quente ao remate das obras, conta cun orzamento base de licitación de 88.298€.




