Formoso comprométese con Outes a impulsar un proxecto de humanización para a rúa da Vila

04 Marzo 2024

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, comprometeuse a que a Administración provincial acometerá un proxecto de humanización no primeiro tramo da DP-3404, en Outes. Formoso reuniuse recentemente co alcalde dese concello, Manuel González, e co segundo tenente de alcalde, José Antonio Caamaño, que lle presentaron unha memoria que recolle as actuacións necesarias para renovar o inicio da estrada provincial. Este primeiro tramo da vía correspóndese coa rúa da Vila, dentro do casco urbano de Outes.

A actuación afectará aos 240 metros iniciais, entre a avenida de Fisterra e a rúa do Poeta Añón. Contémplase a demolición das beirarrúas actuais e parte do pavimento, co fin de anchear a zona destinada aos peóns, que pasará a ser do dobre que a actual. En concreto, do metro que ocupan as beirarrúas a cada lado da rúa na actualidade, pasarase a un ancho de dous, pavimentándose con baldosa de formigón vibrado e contándose cun bordo de granito de 25 por 15 centímetros con canto biselado.

Na memoria tamén figura que os traballos servirán para renovar os servizos de abastecemento de auga, de saneamento e de recollida de pluviais. As maiores, as luminarias actuais serán substituídas por unhas novas, e o firme da zona de tráfico rodado fresarase e repoñerase cunha capa de aglomerado en quente de 6 centímetros de espesor. O proxecto incluirá a instalación de novo mobiliario urbano, entre o que se contarán 4 xardineiras, 4 bancos, 3 papeleiras e 3 estruturas para cubrir os colectores de residuos.

Os traballos contarán cun orzamento de licitación próximo aos 348.000 euros e cun prazo de execución de 6 meses.

O alcalde e o tenente de alcalde tamén aproveitaron a xuntanza para presentarlle ao presidente provincial outros proxectos que o Concello de Outes ten intención de impulsar, entre os que figura un estudo previo para a mellora da seguridade viaria na zona do porto do Freixo, consistente tamén na ampliación das beirarrúas e a renovación do firme nun tramo de 200 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.