Esperanza Mara e o Concello de Rianxo achegarán esta primavera unha Aula de Canto con 20 prazas

19 Marzo 2024

O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Educación e Cultura, organiza esta primavera unha nova actividade formativa e dinamizadora ao servizo da veciñanza: unha Aula de Canto.

O obxectivo é “fomentar o convivio musical entre as persoas asistentes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, mostrando aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo”.

A aula está destinada a persoas maiores de 50 anos, cun máximo 20 participantes.

A encargada de impartir os contidos será a soprano, formadora e divulgadora noiesa Esperanza Mara Filgueira.

O curso desenvolverase os martes 2,16, 23 e 30 de abril; 7, 14, 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño.

O horario será de 16.00 a 18.00 no Centro Sociocultural-Auditorio (aula do 1º andar). O prazo de matrícula estará aberto até o 28 deste mes ás 14.00 horas. Trátase dunha actividade de balde.

As persoas que precisen máis información poden solicitala nos correos concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.