Entrega de Premios ás persoas gañadoras do circuíto de carreiras Barbanza-Arousa

23 Marzo 2024

Este venres 22 de marzo ás 20.30h tivo lugar a entrega de premios das persoas gañadoras na sexta edición do circuíto de probas populares de Barbanza Arousa no Teatro Cine Elma na Pobra do Caramiñal.
Entregáronse premios ás distintas categorías gañadoras nos circuítos celebrados nos catro concellos da comarca: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.


Os premios a entregar son ás categorías absolutas, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sénior, grupos máster femeninas e masculinas, clubes federeados e asociacións, e á categoría de conciencia social destinada a persoas con diversidade funcional, “sapatilla inclusiva. Fixeron entrega dos premios o presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribeira, Luís Barral; o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; os concelleiros de deportes dos catro concellos; Marcos Fajardo (Boiro), Julio Alcalde (Rianxo), Javier Vidal (Ribeira) e Eloy Saborido (A Pobra do Caramiñal); a xerente da Mancomunidade (Fátima Cachafeiro) e os técnicos de
deportes de Ribeira e A Pobra do Caramiñal; Xavier Sampedro e Ana Ma Romero respectivamente.
O acto estivo conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e contou coas intervencións da humorista galega Cristina Collazo.
Nesta edición, os trofeos entregados estaban realizados nun material de plástico reciclado, en consonancia coa estratexia global da mancomunidade de fomento da sustentabilidade en todos os eidos. Para a clasificación absoluta entregáronse tamén bonos de experiencias turísticas en empresas de Barbanza Arousa certificadas co selo de calidade SICTED e bonos económicos
para mercar material deportivo en tendas dos catro concellos; continuando coa estratexia de colaboración e posta en valor das empresas e negocios locais.

O Circuíto de carreiras populares Barbanza Arousa “4 carreiras, 1 meta” ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
O Circuíto conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estivo organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Barbanza Arousa: A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Rianxo e Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.