En Outes unha persoa tivo que ser trasladada logo dunha saída de vía

06 Marzo 2024

No vehículo había outro pasaxeiro que resultou ileso.

Cando estaban a piques de cumprirse as 13:00 horas, unha chamada dun particular alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía na AC-400, no quilómetro 78, á altura de Valadares. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia transmitiuse a información ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao igual que aos Bombeiros de Boiro, GES de Noia, Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Outes.

Xa desde o lugar do accidente, a propia Policía Local informaba de que os pasaxeiros do vehículo estaban liberados, aínda que un deles estaba ferido, polo que tivo que ser trasladado ata o hospital de referencia.

Por último, os membros do GES de Noia permaneceron no lugar á espera dun guindastre que puidese retirar o coche accidentado para, posteriormente, realizar diversas labores de limpeza na estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.