Caamaño ten esta “finde” tres días de celebración coas Festas de Pedrafurada

30 Marzo 2024

Esta fin de semana, ademais das actividades de Semana Santa que se celebran en todas as vilas da comarca, imos ter tres días de celebracións en Caamaño: as Festas de Pedrafurada. Celébranse entre este sábado 30 de marzo e o luns primeiro de abril, na Casa da Cultura de Caamaño e a Capela de Pedrafurada.

Este sábado as festas arrincan coas bombas de palenque e pola tarde haberá inchábeis e un touro mecánico para a rapazada na explanada da Casa da Cultura. Pola noite haberá verbena con Fania Blanco Show e máis tarde con DJ Places, Mateo Abelleira e Planet Disco.

O domingo, adicado a Xesucristo Nazareno, haberá dianas e alboradas con Faíscas de Solobeira e Os Pequenos do Barbansa. Ás 13 horas misa solemne na Capela de Pedrafurada e ao remate da procesión sesión vermú cos Gaiteiros e o Dúo Musical Aires de Broña. Pola noite volve a troula á Casa da Cultura a partir das 22.30 horas cunha espectacular verbena ofrecida por Os Satélites. Á medianoite celebrarase a gran queima dos fogos de artificios a cargo de Pirotecnia Ricardo Resúa.

O luns 1, adicado á Nosa Señora de Pedrafurada, será o día grande das festas. A xornada abrirá coa centenaria Banda de Música de Caamaño e o Grupo de Gaiteiros Os Alegres de Pontevedra. Ás 10.00 e ás 11.00 haberá misas rezadas na Capela de Pedrafurada e ás 13.00 horas misa solemne na honra da Nosa Señora de Pedrafurada seguida da tradicional procesión. A sesión vermú incluirá unha gran churrascada de balde, amenizada pola Banda de Música de Caamaño, os Gaiteiros e o Dúo Charada. Pola noite, 21 bombas de palenque porán fin ás festas.

🎶 Fania Blanco Show Planetdiscomovil David Places Mateo Abelleira Faiscas de Solobeira Os Pequenos do BarbanSa Aires de Broña Orquesta Los Satélites Banda de Caamaño Gaiteiros Os Alegres Dúo Charada

❤️‍🔥Festas de Caamaño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...