Artes acolleu a homenaxe aos maiores organizada polas Amas de Casa

18 Marzo 2024

Este domingo 17 de marzo pola tarde as persoas maiores desfrutaron dun chocolate e de música en Artes, Ribeira.

O evento foi organizado por Amas de Casa coa colaboración do Concello de Ribeira, que agradeceu, a través do alcalde e tenente de alcalde (Luís Pérez Barral e Vicente Mariño de Bricio) “agradeceu o traballo altruísta feito pola directiva da asociación na realización desta actividade”.

O rexedor subliñou a importancia de apostar por celebrar actividades que permitan gozar de momentos de convivencia: “Vós criastes aos nosos pais, coidástesnos a nós como netos e agora tócanos a nós coidar de vós e aprender da vosa sabedoría, sirva isto como unha pequena mostra de cariño e do noso afecto”.

O tenente de alcalde destacou a tradición desta celebración como un evento de “confraternización cos nosos maiores”.

O evento, no que participaron preto de medio milleiro de persoas, estivo amenizado polo grupo musical Leite con Jalletas.

Na cita tamén participaron membros do anterior equipo de Goberno, como María Sampedro ou o senador Manuel Ruiz.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...