Ánxela Gracián presenta as poesías de “Paisaxes de Pan” este xoves no Lustres Rivas (Ribeira)

19 Marzo 2024

O Centro Cultural Lustres Rivas vai acoller esta semana a presentación e lectura poética do libro Paisaxes de Pan, da escritora lucense Ánxela Gracián. O acto celebrarase este xoves 21 de marzo ás 20.00, dentro da programación Marzo de Igualdade enmarcada na celebración do 8M, Día Internacional da Muller. Na cita participará a autora do libro e tamén a poeta Patricia Torrado Queiruga. Organizan Edicións Fervenza e máis o Concello de Ribeira.

Paisaxes de pan é unha autobiografía poética coa que autora regresa á súa nenez rural, “tan paradisíaca como elexíaca, recuperada aquí como lugar de resistencia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.