ALTRI proxecta unha gran fabrica de celulosa en Palas de Rei, pero xa antes se proxectou nas Brañas de Laíño en Dodro

30 Marzo 2024

A primeira tentativa de instalar unha fábrica de celulosa nas Brañas de Laíño en Dodro foi nos anos 50 do pasado século nos que se estudaron por parte do I.N.I. (Instituto Nacional de Industria) dúas opcións, a de Lourizán e a de Dodro optando finalmente pola opción pontevedresa. No ano 1953 os alcaldes de Padrón, Dodro, Rianxo, Rois e Teo pedían á Casa Civil de S.E. Jefe del Estado, o xeneral Franco, a instalación en Pontecesures da fabrica de celulosa.

O daquela alcalde franquista de Padrón, Ramón Pazos Jimenez, queixábase amargamente nas páxinas de “La Noche” do sábado 31 de marzo de 1956 nas que aludía a Franco coa seguinte frase “… viene a mi memoria, una de las recientes consignas del Caudillo: `Que las industrias nuevas debían intalarse donde existiera la materia prima necesaria, iniciativa y capital privada suficiente´ E ante a pregunta do xornalista de que lle pareceu a decisión de construír a fábrica en Lourizán responde: “Da la razón a cuantos patrocinamos la construcción de la fábrica de pasta de papel en nuestro ayuntamiento. Ahora podrán trinar los poetas contra una fábrica que va a estropear ese paraje de la Ría de Marín muchísimo más bello, que el trozo de la orilla del Ulla adquirido por la papelera. Ahora podrán plañir los pescadores de aguas revueltas por el daño que sufrirán los salmones del Lérez. No cabe, en pocas palabras, expresar la indignación de los padroneses por el trato desigual que nuestra comarca recibe. No habrá desde ahora la menor justificación para impedir a la papelera que construlla su fábrica en el Ullán.”

Este alcalde franquista de Padrón (a fábrica estaría en terreos de Dodro) desprezaba nestas declaracións o valor medioambiental das Brañas a favor da Ría de Pontevedra e usaba o mesmo argumento no que agora a Xunta de Galicia se basea para apoiar o proxecto de ALTRI.

Na altura dos anos 70 constitúese “Promotora del Ulla S.A.” PROULLASA participada maioritariamente polo grupo catalán Torrás Hostench de fabricación de celulosa, SODIGA (Sociedad para el desarrollo industrial de Galicia) participada polo Instituto Nacinal de Industria e por múltiples propietarios de terreos nas Brañas de Laíño. O xornal EL PROGRESO informaba o martes 17 de xullo de 1973 sobre a localización da fábrica: “La factoría de PROULLASA se ubicará en terrenos del ayuntamiento de Dodro (La Coruña), al lado del río Ulla. Su producción anual se calcula en 100.000 toneladas de la citada pasta química”

En 23 de decembro de 1973 a “Dirección General de Obras Hidráulicas” outorgaba a PROULLASA “…la concesión de un caudal máximo de 700 l/seg de aguas del río Ulla a derivar en el término de Padrón (La Coruña) con destino a usos industriales en una factoría de pasta de papel de su propiedad…” a empresa ALTRI pretende 640 l/seg.

A inversión na fábrica sería de 3.000 millóns de pesetas por parte de PROULLASA e con unha inversión do 20% en “anticontaminantes” segundo a propaganda nos xornais da época.

Este proxecto foi amplamente contestado por parte da sociedade civil como a Asociación Cultural O SACHO de Padrón que fixo súa a loita contra a instalación deste macroproxecto de PROULLASA nas Brañas de Laíño. Esta asociación foi fundamental na loita contra a instalación da celulosa en pleno espazo natural protexido.

Porque as Brañas de Laiño e Veigas de Lestrobe tratanse do humidal máis grande de Galicia con 1.633 hectáreas. No concello de Dodro constitúe un peculiar ecosistema, cunha inusual riqueza biolóxica que fai dela un centro de interese cultural e sobre todo faunístico, botánico e ecolóxico. Presenta unha das zonas de carrizal máis extensas, con algúns exemplares de piñeiro marítimo, sotobosque de fentos, algún carballo, amieiros e salgueiros. Conta, ademais, cunha serie de prados húmidos, transición deica espazos cultivados xa próximos á estrada AC-305. Así mesmo, as Brañas de Laíño constitúen un biotopo de importancia rexional para as aves migratorias que se sirvan das zonas húmidas de Galicia como punto de descanso nas súas migracións anuais.

Pero a oposición principal a este proxecto non foi a presión social, nin as mobilizacións, que tamén tiveron a súa importancia senón a fábrica de ILEPSA (Industria Lechera Peninsular Sociedad Anónima)actual NESTLÉ que ameazou co peche da fabrica de Pontecesures en caso de apertura da celulosa sabendo da importancia deste espazo natural e do dano que ocasionaría á produción láctea de toda a contorna xa que as brañas eran parte fundamental da alimentación do gando vacún que proporcionaba o leite para a súa fábrica.

Outro dos motivos polo que non se instalou a celulosa en Dodro foi un informe que emitiu, como era preceptivo, a subsecretaría da Marina Mercante que foi negativo á vista dos enormes perxuízos que lle ocasionaría á riqueza pesqueira e marisqueira de todo o río Ulla e da ría de Arousa.

PROULLASA tivo que desistir de Dodro debido á oposición da veciñanza e de ILEPSA pero tenta despois promover o mesmo proxecto en Rois e mais tarde en Brión co mesmo resultado negativo.

Case cincuenta anos mais tarde parece que as cousas non mudaron en Galicia: Alcaldes que alaban as bondades das celulosas, a Xunta de Galicia que apoia con subvencións, amplas protestas da cidadanía… pero isto ten que valernos para exercer como pobo os nosos dereitos, os dereitos do común e non dos das grandes corporacións que solo buscan o seu beneficio.

XOÁN XOSÉ VICENTE FRANCO

Concelleiro da Unidade Veciñal de Dodro

Bibliografía:

La Noche. Editorial Compostela. Sábado 31 de marzo 1956

El Progreso. Martes 17 xullo de 1973.

El Ideal Gallego. Sábado 18 xullo de 1953

El Pueblo Gallego. 13 de abril de 1976

Boletín Oficial del Estado Num. 306 de 23 de decembro de 1976

Las ayudas públicas a la repoblación forestal privada en Galicia, 1952-1992. Eduardo Rico Boquete.

O Sacho. Un fito na nosa cultura. Xosé García Lapido.

Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.