A Unidade Pastoral de Ribeira preparou esta Semana Santa unha chea de actos litúrxicos descentralizados

20 Marzo 2024

A Unidade Pastoral de Ribeira da Igrexa Católica, preparou este ano un importante programa de actividades de Semana Santa en colaboración que contribúen a consolidar o concello como un destino referente en materia relixiosa e cultural, implicando ás parroquias do termo municipal. A axenda dará comezo o Domingo de Ramos (24 de marzo) coa bendición, procesión e celebración dos ramos na Igrexa de Santa Clara. Media hora máis tarde (ás 10.30 horas) celebrarase a bendición, procesión e misa de ramos en Aguiño, Oleiros e Corrubedo. Ás 12.00 será a quenda das parroquias de Artes, Olveira e Ribeira.

O Luns, Martes e Mércores Santo realizaranse visitas a persoas maiores e doentes, coa colaboración das familias. A celebración penitencial celebrarase coa seguinte axenda: o luns ás 18.00 horas en Corrubedo e ás 19.00 en Olveira; o martes ás 18.00 en Oleiros e ás 19.00 en Artes; e o mércores ás 18.00 horas en Aguiño e ás 19.00 en Ribeira.

O Xoves Santo (28 de marzo) inclúe importantes actividades en Santa Uxía e noutras parroquias. Así, a Celebración da Santa Cea celebrarase ás 17.00 horas en Santa María de Corrubedo, ás 18.00 horas na Igrexa da Nosa Señora do Carme de Aguiño e ás 18.00 horas en Santa María de Olveira. Ás 19.30 horas está previsto que se celebre a Celebración da Santa Cea en Santa Uxía de Ribeira para dar paso á procesión do Paso ás 21.00 horas. Ás 22.30 horas será a quenda da Hora Santa.

O Venres Santo organizarase ás 10.30 horas un Vía Crucis dende a Igrexa de Aguiño até a de Artes. A Celebración da Paixón do Señor terá lugar ás 17.00 horas en San Martiño de Oleiros e ás 18.00 horas en San Xián de Artes.

Polo que respecta a Ribeira, a celebración do Venres Santo comezará ás 11.30 horas co Sermón do Encontro en Santa Uxía. Ás 19.00 horas será a Celebración da Paixón en Ribeira, acto que precederá o Sermón das Sete Palabras e o Desencravo (ás 20.00 horas) e á Procesión do Santo Enterro (ás 21.00 horas).

O Sábado Santo (30 de marzo) celebrarase ás 22.00 horas a Vixilia Pascual conxuntan da Unidade Pastoral de Ribeira.

O Domingo de Resurrección (31 de marzo) haberá Misas de Pascua en Aguiño (ás 11.00 horas), en Artes (ás 11h), en Santa Clara (ás 11h), en Ribeira (ás 12.30), en Olveira (ás 12.30h), en Oleiros (ás 12.30h) e en Corrubedo (ás 12.30h).

A maiores, a Unidade Pastoral de Ribeira pon o foco na mocidade a través da Semana Santa Xuvenil, unha “celebración que nos prepara para vivir con alegría a Pascua do Señor” onde as mozas e mozos participantes terán a oportunidade de “descubrir o rostro de Deus nos crucificados actuais”. O programa inclúe charlas, peregrinacións, saídas e outras actividades. As inscricións poden formalizarse a través do 981 87 11 88 e da conta de correo upariveira@gmail.com.

Pola súa banda ICE Renovación Ribeira, a Igrexa evanxélica, celebrará reunión especial de Resurrección o domingo 31 de marzo ás 11:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.