Karin Kuijper inaugura unha nova mostra (“Sentimentos”) na súa terra de adopción: Rianxo

01 Marzo 2024

A sala de exposicións do Auditorio de Rianxo dará acollida este sábado, ás 18.00 horas, á inauguración dunha nova mostra de arte naíf da artista holandesa afincada no concello Karin Kuijper. Na apertura da mostra, titulada Sentimentos (coa que a artista mostra ao público da nosa comarca pezas inéditas nunca expostas antes), o grupo local Barahunda porá a vertente musical.

A exposición estará aberta do 02 ao 30 de marzo. Os horarios de visita son os luns de 09.00 a 14.30. De martes a venres de 09.00 a 21.00. Sábados de 16.30 a 21.00 h.

A holandesa Karin Kuijper, establecida en Rianxo dende hai 13 anos, naceu en Utrecht, nos Países Baixos (Holanda).

No ámbito artístico, é autodidacta, carecendo dunha formación académica específica. Define o seu estilo dentro do ámbito do naíf, caracterizado pola súa inxenuidade e espontaneidade, onde o colorido intenso con brillos e contrastes, xunto cunha técnica escasa, son trazos distintivos. En moitos aspectos, a súa obra recorda ou inspira-se na arte infantil.

Comezou a pintar arredor do 2008, no seu país natal, Holanda, e tivo a súa primeira exposición pública en Galicia no ano 2014 e continuando ata a actualidade realizando exposicións en diferentes espazos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...